| Homenaje al Emigrante |
No por casualidad se celebra en Flariz de Monterrei la fiesta del emigrante, ya que si bien todos los pueblos de las sierras orientales de la provincia de Ourense presentan un elevado índice de emigración, el pueblo de Flariz presenta una tasa muy fuerte.
Desde esta página quiero rendir un homenaje a todos los emigrantes de nuestra tierra y desearles lo mejor estén donde estén...
Himno do Emigrante
|
Emigrante que marchaches
Disfroita do pan gañado
Un ambente de tristura
|
Cada ano cando marchas
Emigrante volta a terra
Himno do Emigrante |
En Agosto, especialmente
Galicia non son catro provincias, son centos delas. Situanse na maioría das nacions do mundo e todas falan no mesmo código de signos: a nostalxia, o amor pola terra dos pais, as ganas de sair adiante para construir un futuro mellor, a fraternidade.
Galicia está na Arxentina, en Cuba, Suiza, Alemania, Francia, Inglaterra...Somos un pais emigrante e temos na emigración unha definición de Nos. Por iso, cando chega agosto e o pobo de Flariz celebra a
festa do Emigrante, un sente unha homenaxe a Galicia enteira. Creo que non hai unha tradición con maior significado entra as nosas, que son infinitas. polo tanto para min representa un orgullo poder gritar, con todos, que eu tamén pertenzo a esta estirpe emigrante. Que a levo nas veas, como vos tamén, sempre me parecen escasos os meritos que lle outorgamos a os que están fora, traballando, lonxe, enfiados por unha agulla de melancolía. Pero non
falemos dela, da melancolía. Agora é tempo de gozar. De verbena e música e encontro.
Pido, a quen corresponda, que dure mil anos esta festa do Emigrante. Que dure ainda cando non queden emigrantes galegos no mundo. E unha débeda que todos temos con ese pobo nómada, o noso. As outras provincias galegas porque Galicia está aquí e está fora. Cada día do ano cada mencer de rocio e néboa, cada sol pousado no corazón que crece, e crece, e alivia as mil despedidas que levamos escritas na pel. Ou na alma. En agosto, especialmente.
Xosé Carlos Caneiro
Emigrante
Primi ía á escola do pobo. Colocábase no fono da clase. A sua mente voaba e voaba. A explicación do mestre no entraba no seu maxín. Vivía coa aboa; seus pais emigraron. O cariño fraterno era substituído polos mimos da avoa; o rapaz no se centraba. Non aprendía nada. O mestre no vía solución para o rapaz. A avoa insistía, e insistía, pero non había remedio. Por fin ca axuda do mestre, mandouno interno a un colexio da capital.
O autobús romaba costa arriba e a avoa tapaba a súa cara as lágrimas. Primi miraba e miraba; o pobo quedaba atrñas; o autobùs on entraba no pobo, só paraba na estada comarcal polo que había que achegarse ata a parada para subir nel.
Houbo que espertar ó Rodasbaixas para que cargase coa maleta do rapaz na carretilla e acercala ó autobús.
Subiron a avoa e máis Primi. A primeira irada fixouna no conductor e nocadro de mandos do autobús, logo enfilou o pasillo e sentouse no lado contrario da situación do pobo. Arrancou o autobús e no quería mirar, pero ó fin e ó cabo botou unha mirada e viu que aí quedando atrás namentras o autobús ía toncando pola estrada á seguinte parada. Por fin polas súas meixelas baixaban paseniñamente dúas
gotas de bágoas.
Atrás quedaban os amigos, os recunchos do pobo, a tía Juanita. Aquela muller que tantos e tantos contos lle dixera, namentras o santaba nas súas cadeiras a carón do lume, naquelas longas tardes de inverno. Os amigos siguirían cogando ças escondidelas nos recunchos e alpendres. todos os recordos se lle acumulaban, namentras o autobús camiñaba cara a capital.
O rapaz só vivía para as vacacións de nadal e de verán cando chegaban os seus pais cheos de agasalos e mimos. Todos os díoas eran festa, polo que o rapaz ero normal que non se centrase na escola. No colexio da capital pasaba o mesmo. De noite choraba debaixo das sabas, polo que durmía pouco e polas mañás tiñao que espertar o encargado. Non se adaptaba ó horario. Non atopaba amigos ós que lle contar o que lle pasaba, porque todos tiñan o mesmo problema. A gran maioría dos ompañeiros eran fillos de emigrantes.
Adolfo Rolán.
Os emigrantes das
terras de Verín e Monterrei
Quen descoñezca o mundo da emigración nunca chegará a coñecer o verdadeiro rostro do nos pasis. A emigración dos galeogos non é unha cousa do pasado senón do presente e, infortunadamente, do futuro, se é que no chegamos a desterrar certos males endémicos da nosa economía tradicional.
Isto sábeno ben nas bisbarras da Galicia emigrante, que son case todas as bisbarras do noso ais. Ainda hoxe, na dirección dos catro puntos cardinais, todas as bisbarras galegas teñenmeomoria das terras de
destino das súas xentes, e isto fai que se distingan entre elas non sò pola sua paisaxe que as circunda ou polo galego que falan senón tamén, e ainda máis, pola zona á que emigran.
A morfoloxia de moitas vilas, a arquitectura de certos edificios au a flora dos nosos xardins invocan esas terras de destino. As escolas e as casas de indianos, ou o chalet da praia con fisonomía alpina, son a cara e a curz da influencia que Galicia emigrante ten exercido e exerce dentro do nos pais e na nos vida cotiá.
A memoria da emigración é a nosa memoria futura.
Hai un feito significativo: todas as vilas e todas as parroquias galegas, sexan do litoral ou do interior,
teñen situado, nalgún lugar do mundo,outra vila, outra parroquia equivalentes. O mundo dos ausentes (os nosos devanceiros) non só habita nos nosos cemiteiros senón, como moi ben soubo ver Rosalía, nos cemiterios do mundo. Os galegos agardan ainda pola resurrección desas aldeas acubilladas en Bos Aires, Caracas, Londres, Zurich, Eibar, Ermua ou Barcelona.
Desde o Londres galego, unha das máis numerosas comunidades da diáspora, e a más cercana fronteira que ten Galicia co goberneiro mundo anglosaxón, temos estado nas aldeas da Costa da Morte ou nesoutras aldeas, dispostas ós rigores do poderoso Cantabro, das terras de Ortigueira. A toponimia, como as linguas, viaxa. todas as linguas son viaxeiras, o que parecen descoñecer os linguistasz e os dialectólogos, cando queren fixalas no mapa.
Non hai galego que non teña unha experiencia íntima do que é a emigración. Os nosos grandes poetas do XIX (Curros e Rosalía) souberon expresala tan ben porque eles mesmos foran emigrantes ou tiñan coñecemento, de primeira man, da vida dos nosos emigrantes. En Simancas viu Rosalía ós galegos que ían á sega; Curros empezou a escribir en galego en madrid e acabou emigrando á Habana, onde rematou os seus días dun xeito moi galego; alporizado cos seus propios paisanos. A actualidade deste ripo de literatura é que describiu no pasado cousas que seguen acontecendo no presente, Comprobeino, cosmeus propios ollos, cando vin chorar a unha alumna ó lerlle-los versos de "adiso rios, adios fontes".
Como xa dixen noutras ocasións, tivén que vir a Londres para decatarme de que vivira, durante
moitos anos, de costas a unha Galicia real, e que estivera a punto de esquecer, por telo lido un milleiro de veces, o vivo que está o poema de Rosalía.
California foi a terra de destino dos meus maiores (nunca me reatiparei con eles) e é, desde neno, unha das miñas terras míticas.
Debo dicir que estou orgulloso de ter compartido estes últimos anos dunha parte da Galicia emigrante, aquí en Londres, como profesro dos nenos galgos e tamén porque me abriu a parta desta comunidades de corenta milleiros de almas, das aldeas da costa galega acubilladas en Victoria ou nas zonas do norte de Londres, o meu querido amigo, o Padre Paul Ernesto Atanes, o cura, o "father" destes galegos, verdadeiro personaxe, humanisimo crego que saíu, hai xa unha punta de anos, das terras de Monterrei e que non seguiu os lugares de destino dos seus
paisanos, que soen emigrar ó Pais Vasco e que, sendo como é home de psicoloxía do interiro, entende como ninguén ós galegos de Londres, que son xente do litoral, afeita a arrandearse como barcos en perigo.
Ernesto Atanes que me di que neste verán se cumpren vinte anos dunha entrañable festa que el leva na
parroquia de Flariz de Monterrei, alá na súa terra, e que nela volven xuntarse, como todos os verans, os emigrantes que aquela zona culta e emprendedora, botou ós camoños de Alemania, Francia, Cataluña ou o Pais Vasco.
Non sei qué dá pensar que nestas terras nas que se crea tanta riqueza (a Galicia moderna da
moda, a Galicia tradicional dalgúns dos nosos mellores viños, o corazón da vella Gallaecia, e o lugar por onde entraron as novas ideas que traía a imprensa) os seu fillos teñan ainda que emigrar.
Gostaríame moito poder estar con eles eses días de agosto. Ramiro Fonte
ORIGEN
El libro en cuestión se titula ORIGEN y obtuvo el premio Gabriel Celaya de poesía del año 1994 (premios Euskadi de literatura), además está escrito por un natural de Flariz, se trata de José Antonio RODRÍGUEZ M.
Como dije al principio en esta página sobre Flariz trato de recoger todos los hechos que me parezcan importantes relativos a nuestro pueblo, siendo así no podía olvidarme de reconocer el enorme mérito de este amigo y vecino, desde aquí quiero animarle a que lleve el nombre del pueblo muy alto, de lo cual estoy totalmente seguro...
ORIGEN, obra que recibió el premio Gabriel Celaya de poesía 1999 (premios Euskadi de Literatura) es a juicio del Jurado "una obra de gran creatividad, con un texto elaborado y una precisión de
la palabra increíble, una obra de gran inventiva y emoción contenida".
Os recomiendo su lectura.
Eu tamén son emigrante
Pero como dijo Antonio Gala: "Que pena me dan aquellos cuyos deseos se
cumplen. Lo bueno es desear, echar de menos".
Con este echar de menos los emigrantes tenemos que disfrutar e intentar cada día ser felices
porque es la mejor manera de integrarse sin asperezas.
Conocer un lugar, sus gentes, nuevas costumbres no implica perder tus raíces, casi diría que se hacen más profundas.
Es las morriña de lo tuyo que las agranda.
Yo sueño con morriña...
Gustavo Justo
Los autores de este reportaje son dos chicos alemanes; Christfried Hubner y Robert Staffi, amigos de Benito Zarraquiños, a los cuales les doy gracias por realizar una película en la que los protagonistas son emigrantes de nuestra tierra y el pueblo de Flariz.
Desde aquí os recomiendo que si tenéis oportunidad no dudéis en ver este vídeo, posiblemente muchos nos veamos reflejados.
O primeiro día para coller o autobús tivo que madrugar moito. A avoa non daba feito a maleta. Do colexio mandáranlle unha lista das cousas que tiñan que levar. a avoa nunca se vira
noutra. preguntaba e preguntaba ó mestre continuamente. e mire, téñolle que comprar isto, comprar aquelo...- Non, só o que ten na lista, e no se preocupe.
Ainda no estando moi de acrodo con falso populismos que predican algúns indecándonos onde hai que mamar o que eles entenden polo bo galego, debo dicir que quen quiera escoitar un bo galego,
que veña a Londres. Quen queira coñecer a Galicia de hoxe, tamén. Prometo que desde a Galicia emigrante temos mais testemuñas da Galicia real ds que nos afornecen as páxinas de actualidade dos nosos xornais galegos.
Contáronme que estes chegaran a ter un barco de pesca ó que lle puxeron de nome Galicia e no que facián a campaña do salmón polos mares fríos, cercanos a Alaska.
Un día del año 1995 me encontré con la gran sorpresa de recibir un regalo, y no un regalo cualquiera, se trataba de un libro, además, dedicado por el autor, vosotros pensareis ...bueno tampoco es para tanto, pero la verdad es que yo creo que si... me explico.
Siempre se emigra para poder cumplir un sueño.
Anterior
Portada
Arriba
Siguiente